PUBLICACIÓNS RIANXEIRAS

 

        Na segunda década do século XX houbo en Rianxo unha serie de publicacións que representaban a rivalidade entre o partido conservador e o partido liberal no Distrito de Padrón.

        A máis coñecida de todas é “El Barbero Municipal”, que defendía o ideario do partido conservador de Antonio Maura e Ramón Tojo. Este semanario dirixido por José María Arcos Moldes e que tivo entre outros colaboradores a Castelao, Eduardo Dieste…

        O primeiro número saíu o 17 de xullo de 1910 e o derradeiro o 7 de marzo de 1914.

        Este semanario pódese consultar nunha  reprodución facsimilar  de Edicións do Castro do ano 2000.

        Cando desaparece,  seguirá o seu labor “Justicia”, do que hoxe se conservan os números 1, 4, 5, 6, 7. (Arquivo Teresa R. Castelao)

        O 17 de xuño de 1911 aparece “Buenas Noches” que defenderá ao partido liberal, liderado no distrito de Padrón por Eduardo Gasset e en Rianxo por Manuel Viturro Posse, que se publicara ata 0 28 de febreiro de1914.

        No arquivo da familia Domínguez Pérez aparecen dúas publicación:

         Alerta” dirixida por F. Suárez, da que se conservan os números 1, 2, 3 e 8.

            El Espía”, só se conserva un número mecanografiado

 

 

JUSTICIA

ÍNDICE

Nº 1   11-04-1914

Nº 4      01-05-1914

Nº 5   15-05-1914

Nº 6   23-05-1914

Nº 7   30-05-1914

 

BUENAS NOCHES

ALERTA

EL ESPÍA