Inicio

   

Contos de vellas:

O home do souto

    - Avoíña, cóntanolo xa! Non podemos agardar máis, senón iremos igual

    - Que netas máis pouco pacentes teño! A historia é a seguinte: 

  Fai moitos anos, cando eu aínda era unha rapariga inqueda, vivía nas aforas das Miráns, preto de onde agora se atopa o voso colexio. Daquela non había auga corrente, polo que eu tiña que ir buscar auga á fonte do pobo . Nun deses días, cando ía chegar á casa, tropecei e a garrafa de porcelana tan apreciada por miña nai esnaquizouse…

    - Que desleixada eras avoa, se estiveramos nós alí seguro que amañaríamos todo, co arteiras que somos…

    - Que raparigas máis modestas sodes…non me interrompades, onde ía…

  Ao ver a desfeita que acababa de provocar non me atrevía a volver para a casa, xa que eu era moi medrosa e non sabía o que me faría miña nai, polo que decidín ir mercar unha garrafa nova. Preguntei polo pobo onde podería atopar unha tenda na que as vendesen, e un home moi cortés , díxome que un ancián as vendía no souto. Eu confiada como era daquela , dirixinme ao souto. Cando cheguei pensei, ‘’ que argalleiro ‘’ xa que alí non había nada máis que árbores. Xa estaba a punto der volver para a casa cando alguén me tocou un ombreiro e eu , moi sagaz, vireime de contado e aparteime uns metros.

   - Quen era avoa? , dinos quen era!

   - Pero mira que sodes preguiceiras, deixádeme seguir! En fin…

  Era un homiño moi vello que me ollaba con mala cara. Eu , moi afouta, pregunteille quen era. Díxome que vendía garrafas de porcelana e en canto saquei cartos do peto comentoume que non quería cartos, senón a miña ánima. Eu imaxinando que era unha broma, botei uns risiños discretos, pero o homiño seguía ollando para min cunha cara moi seria. Fíxome firmar uns papeis e , logo, deume unha garrafa idéntica á de miña nai. Amais díxome que me daba de regalo un colar. Eu acepteino, xa que era o máis bonito que vira na miña vida. Era dunha cor azul , relucente coma unha estrela e estaba suxeitado por unha cadea de prata. Moi vigorosa dei uns cantos pasos ata a saída do souto e , cando me xirei ,  non había ninguén. Non sei porque, pero aquel non era un velliño vulgar. Voltei para a miña casa coa garrafa che. Miña nai deume as grazas coa súa amabilidade constante, pero eu contesteille de mala maneira. Non entendía porque, pero as palabras saían soas da miña boca para facer mal. Dende ese día fun unha rapaza altiva e maleducada, o que me facía sentirme mal, pero non o podía evita. Logo de cavilar moito ocorréuseme que todo isto ocorrera por venderlle ao velliño a miña ánima. Confeseillo todo á miña nai , esta botouse a chorar, pero de contado deu unha idea moi xuizosa: ir ver á meiga das Miráns.

    - Avoa, as meigas son feas e viaxan en vasoira?

    - Arre demo! Deixádeme continuar , que xa vos ideas a decatar agora, que estaba contando eu…

  Aquela casa cheiraba tanto a azufre que daban ganas de devolver, e aínda que non cría nas meigas, comezaba a ter as miñas dúbidas. Era unha das meigas máis coñecidas de toda Galicia.

  Aquela muller díxonos que era un caso moi especial, pero que xa tiña escoitado cousas semellantes. A solución era atopar o obxecto que tiña ese maldito feitizo, e, cando o descubrira, tería que esnaquizalo mentres dixera: ‘’Rómpete xa. Ao pasado hei volver para as cousas arranxar’’. Pareceume a tolería máis grande de todo o mundo; pero aínda así, ao chegar á casa, collín a garrafa e fixen o que me mandara a meiga. Nada deu resultado polo que a miña nai choraba todo o día e meu pai ata enfermou. Eu seguía sendo moi mala, aparte de non ter ganas de facer nada. Un día deime conta de algo moi importante… O colar! Tivérao posto dende o día no que vendín a miña ánima. Collino e, con todas as miñas forzas, esnaquiceino en mil anacos, dixen a frase e…

    - Avoa, que pasou eh? Volveches a ser a mesma?

    - Ía dicírvolo agora mesmo, pero non vos dades conta de que non me deixades!

    - Penso que o do colar non fixo efecto porque non che pasaron eses malos fumes…

    - Que acabas de dicir !?

    - Nada avoíña…que es moi altruísta e que nos vas a contar o final.

    - Máis che vale…

  Atopábame outra vez na miña casa, e estaba a garrafa esnaquizada no chan. Volvera ao pasado! Sen dubidalo botei a correr para a casa, encontreime co home que me dixera onde encontrar a tenda e deille unha patada nunha perna, tiña que facelo. Cando cheguei á casa todo estaba coma antes! Miña nai e meu pai felices, orgullosos de min. Díxenlle á miña nai que rompera a garrafa. Díxome que me quedaba castigada unha semana sen ir xogar coas miñas amigas, xa que tiña que haber ido con coidado. En canto me dixo isto deixe un forte bico nas meixelas. Aínda recordo a súa cara de sorpresa , e o meu : ‘ Quérovos moito’. Díxome que non me ía perdoar o castigo por unhas palabras fermosas, pero que ela tamén me quería moito.

    - Guau avoa, que conto máis chulo!

    - A min tamén me gustou, avoa!

    - Alégrome, pero non era un conto, por iso non quero que vaiades ao souto.

    - Entendemos que te preocupes por nós pero non o imos crer, iso é imposible. Adeus avoíña, querémoche moito,vamos ao souto a xogar ás agachadas.

    As rapazas déronlle un forte bico e foron ata o souto sen seguir os consellos da avoa. En canto se achegaron viron a un velliño . Sen pensalo, botaron a correr cara á súa casa cando viron o colgante azul mariño que tiña na man.

                                                                                   Noelia Martínez Figueira

2º º E.S.O.

Refráns de febreiro.

     O 2 de febreiro atopábame baixo un paraugas coa miña amiga Rosa. Estábamos comentando o fermoso día que era hoxe, pois era o día da Candeloria. Quedámos observando o ceo cheo de nubes negras. E para romper o incómodo silencio comentei:

               -Que día tan horrible! Cando pare de chover, non mo crerei.

    - E Rosa dixo:

                   -  Pois a min paréceme un día moi fermoso, pois aquí en Galiza é o día da Candeloria. Recorda que… "A partir da Candeloria, ningunha ave boa soa".

                -Tés razón.

  -Pero eu aínda sin estar convencida, quíxenlle seguir levándo a contraria…

        -Pero os días son moi cansos pois son moi,moi longos…

   A miña amiga dixo:

               -Acouga Andrea, en marzo… “Polo San Matías igualan as noites e os días”.

  Teño que confesar que Rosa  me estaba asustando con tanto refrán, así que decidín irme de alí, pero antes despidinme.

               -Bueno Rosa, eu  xa me teño que ir. Vémonos mañá!

        - Ata logo Lucas!

                                                                                                                                     Andrea Iglesias Rodríguez

 

UNHA DE REFRÁNS

     Meu avó era un fan aos refráns, recordo moi ben, sempre lle facía caso a todos os que coñecía ou oía, xa que dicía que eran unhas palabras máxicas que daban explicación a moitas cousas que ocorren na vida. Eu só era unha rapariga de seis, case sete anos , polo que recordo vagamente tódolos que dicía, pero outros tanto os repetía que penso que nunca na vida se borrarán da miña memoria , que xa vai vellas. Adoitaba dicir, e este era o que máis me sorprendía polos efectos que tiña:

     - Ceo vermello cara o monte, colle os bois e méteos na corte, ceo vermello cara ao mar, colle os bois e vai labrar.

     A min facíame moita graza ao primeiro, esto dicíao sempre, e era o que miraba sobre todo nos días do verán onde os ceos se tinguían de vermello. Este refrán quería dicir que se o ceo se poñía vermello cara o monte, ía chover, e se cara o mar o ceo estaba vermello ía facer bo tempo, non coma eses homiños tan ben vestidos que aparecen na televisión e a maioría das veces nin se achegan á realidade. Agora que estamos no mes de febreiro estanme acordando moitos refráns que dicía por estas épocas:

     - “ En febreiro corre a auga por calquera regueiro”

     - “ A neve febreiriña vaise axiña”

     - “ A partir da Candeloria ningunha ave voa soa”

     E moitos outros máis que agora mesmo non me acordo. A maioría destes cumpríanse sempre, recordo que me sorprendían estes coñecementos que tiña meu avó. Pero eso si, había algúns que sempre acertaban , e que tiñan moita verdade:

     - A Deus mirando e co mazo dando”

     Isto quere dicir que aínda que vaias á igrexa, reces e xures o que sexa, ao final no acabas cumprindo.

     Pois estes son os recordos que teño de meu avó, ese gran refraneiro galego que me ensinou que o saber non ocupa espazo e que as cousas máis simples poden ser as que máis verdades din.

                                                                                                                Noelia Martínez Figueira

Miña Avoa

     Eu de pequeno sempre facía preguntas que non tiñan unha resposta moi fácil de explicar, preguntas raras. Miña avoa chamáballe "as preguntas sorpresa" porque sempre aparecían cando menos o esperaban.

     Un día chamoume moito a atención unha resposta que me dixo miña avoa. Eu pregunteille: " Miña avoiña, por que febreiro ten só vinte e oito días ?" e ela díxome : "Febreiriño corto, cos teus días vinteoito, se duraras outros catro, non deixabas can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor para ir con ela, nin cornos no carneiro, nin orella ó pregoeiro".

     Sempre me pareceu moi bonita esa resposta pero agora doume conta de que mo dixo porque ela tampouco o sabía. Esa miña avoa! Que fácil lle buscaba solución ás miñas preguntas.

                                                                                                                           Óscar Iglesias Resúa

 A miña historia:

     Cando era pequena, meu avó se eu quería xogar coa neve en febreiro dicíame: corre que "A neve febreiriña vaise axiña". Eu corría e corría canto podía. A min gustábame moito. A finais de febreiro sempre me poñía moi triste, entón, meu avo, dicíame: "Tranquila, un ano pasa axiña "

                                                                                                                   Sara Figueira Moares

Un conto

     Un día de moita choiva a primeiros de febreiro, atopáronse dúas veciñas que ían mercar e saudáronse dun xeito moi curioso.
     -Bos días, "Pola Candeloria, metá do inverno fóra", así que aínda nos queda outro medio inverno.
     -Tés toda a razón, pero polo menos xa van medrando os días pois "O día de San Brais, hora e media mais", e " Polo San Matías, igualan as noites e os días".
     E seguiron....

                                                                                                                         Marta Figueira Martínez

O meu avó

Estaba co meu bisavó, era o día da Candeloria, estaba a chover moito; q pregunteille:

-Avó, por que chove tanto?

El contetoume:

-"Cando a Candeloria chora, metá* do inverno vai fóra".

Foi nese momento, cando entendín todo o que quería dicir

                                                                                                                    Nerea Grela Lesende

HISTORIA DO REFRANEIRO DE MARZO

      Un velliño da aldea ten que coller un autobús que chegará ás 8h para ir á clínica. Cando chega ó autobús, o conductor saúdao

     -Bos días! Parece que imos ter unha boa mañá.

     O velliño responde:

     -Non hai que fiarse, xa se sabe “Marzo marzán, pola mañá cara de rosa; pola tarde, cara de can”.

     -Non me sexa tan pesimista, que para a semana xa é a Pascua, e non estaría mal ter bo tempo.-dixo o conductor.

     -Xa, xa, xa... Ti chámame pesimista, pero ten en conta que “Pascuas en marzo, fame ou mortanzo”.

                                                                                                                                   Marta Figueira Martínez

 

     O marzo do ano pasado queixábame moito porque facía moito frío e chovía polo que  non podía ir  xogar fóra e miña nai dicía: <<Oxalá chova para o mes que ven porque sí "Marzo ventoso e abril furiñoso poñen ao maio florido e fermoso". Por iso agora eu tamén quero que chova nestes dous meses aínda que este anon o 2012 fixo bastante bo tempo e "cando marzo maiea, maio marcea".

Óscar Iglesias Resúa

 

     Un día de marzo, estaba eu na miña casa, e como tiña moit calor, puxen unha roupa de verán. E cando me veu miña avoa, díxome:
     -Nerea! Que fas con esa roupa?! "En marzo, abrigo, noces e pan de trigo".
     Quíxome dicir que aínda estabamos en marzo, e quedaba bastante inverno como pra poñer roupa de verán.

Nerea Grela Lesende

 

     A miña amiga Carolina e eu atopabamonos no meu xardín un día de pleno sol no mes de marzo.
     A verdade, que estabamos bastante abraiadas porque facía un tempo espectacular, entonces Carol dixo:

     - Que bo día fai hoxe, para estar en marzo ben que quenta o sol! xa sabes o que din: "Cando marzo maiea...
     - Maio marcea... a verdade é que a este paso... o sol de marzo queima tanto que vai meter á dama no pazo!
     - Pois se en marzo fai este bo tempo, imaxínate en maio, tal e como di meu avó... "marzo airoso e abril chuvioso sacan o maio florido e fermoso"...
     - Bueno... vámoslle axudar a meu pai a apañar as uvas senón... "Quen en marzo non poda a súa viña, perde a vendima".
     - Vamos logo!- rematou Carolina

Andrea Iglesias Rodríguez

    

      -Avoa, ti cres que en maio fará sol? E que nese mes é o meu cumpleanos e quero facelo na praia!
     -Pois mira miña nena, cando marzo maiea, maio marcea, entón como en marzo non choveu, supoño que en maio si, pero con estes cambios de tempo que estamos a sufrir este ano, non cho poido dicir ben.
     -Jo avoa!, pero eso é certo? Eu creo que son contos de vellas!
     -Que vellas nin que lerias? Ten un pouco de respeto, dise anciás! E ata agora cumpriuse.
     -Pois avoa, espero que te enganes!
     -Non o digo eu rapariga, é o que ocorre
     -Vale avoa, xa veremos en maio.
     -De acordo, e asi verás como ese refrán sempre se cumple.

Eva García Ordóñez

 

     O ano pasado cando fun facer a ruta do mar verde, o guía dixo unha cousa moi curiosa: "cando marzo maiea, maio marcea", e no mes de maio entendino, pois referiase a que se en marzo fixo o tempo de maio (bo tempo) en maio fará o tempo de marzo (malo). Este ano tamén fun e en cambio dixo outra cousa moi curiosa e que chamou moito a atencion: "marzo marzán, pola mañá cara de rosa, pola tarde cara de can", e tamén acertou!, pois pola mañá fixo un tempo esplendido e pola tarde tivemos que parar o percorrido, pois co vento que facía non podiamos camiñar.

Sara Figueira Moares

 

     O domingo pasado fomos comer coa miña familia a un restaurante. Chamounos a atención que na carta había moitos platos elaborados con salmón. Preguntámoslle a un camareiro o motivo de que este peixe fora o que máis se repetía. El contestounos:

     -"O percebe e o salmón en marzo están en sazón".

     Despois sentamos nunha terraza ó sol a tomar café, e a miña nai empezou a doerlle a cabeza e dixo:

     - O sol en marzo queima a dama no pazo.

     Cando ïamos para a casa pasamos por fincas onde estaban as viñas xa podadas:

     -"Quen en marzo non poda a súa viña, perde a vendima".- dixen eu por non estar calado

Miguel Cortés Cambeses

 

     Ben recordo aqueles tempos nos que todo o mundo falaba empregando refráns, que tempos aqueles onde o saber era agradecido por todos e ninguén desaproveitaba a oportunidade de estudar, que ben o recordo. Pero non todos tiñamos a mesma sorte, claro que non, miña irmá maior marchara daquela para estudar á Universidade, polo que os meus pais non tiñan cartos para pagar ao máis pequeno dos seus tres fillos os estudos, polo tanto eu quedei na casa, traballando e vivindo só para a terra, para o gando, para as colleitas…

     O mes de marzo sempre foi o máis duro, xa que era cando había que colleitar.

     Todas as mañás miña nai dicía algúns refráns , que me viñan indicando o que ía facer durante o día.

     Unhas veces dicía “ marzo chegar, é tempo de enxertar”, e aí ía eu enxertando as árbores que meu pai me sinalaba.

     “O que queira bo cabazo que o semente en marzo” e eu tiña que coller as sementes gardadas do ano anterior e sementalas polo horta.

     “Vendima no regazo aquel que poda en marzo” e eu , cunha escada de madeira subía polos chanzos para alcanzar a viña e poder realizar ese custoso traballo.

     Cando o sol se metía , miña nai dicía “ marzo marzán , pola maña cara de rosa, á tarde de morriña e á noite coma unha fouciña” polo tanto como facía moito frío iamos comer pan de trigo, o que me recorda outro refrán “ en marzo abrigo, noces e pan de trigo”.

Noelia Martínez Figueira

ABRIL     

 Fun cos amigos á Pascua en padrón. Pasoume algo peculiar, xa que montamos na nora e, cando estabamos no máis alto, empezou a chover. naquel intre veume á cabeza algo que me dixera meu avó "en abril augas mil". Quedei moi mollado e pasei moito frío. Espero que polo menos se cumpla o refrán "abril mollado de pans cargado" que, ao mellor, axudaría a saír un poco da crise.

Miguel Cortés Cambeses

ABRIL

     -Avoa, xa que ti es tan sabia, que peixe podería usar nunha cea de compañeiros que teño en abril?

     -Pois mira: A sardiña polo abril cóllea polo rabo de déixaa ir; por maio ásaa ao borrallo e por san Xoán xa molla o pan. Á solla, en abril, abre a man e déixaa fuxir. E o salmón en abril é para min, en maio para o criado e en san Xoán para o can. Así que, se tés que escoller un peixe para unha cea, elixe o salmón.

     -Avoa, que lista es, sempre que teña algunha dúbida virei xunta túa.

     -Moi ben netiña, pero son os refráns populares os que sempre teñen razón

Eva García Ordóñez

ABRIL

     Atopábame na Pascua de Padrón coa miña amiga Sandra. Estábamos moi ilusionadas pois gustábanos moito o ambiente nestas festas, unicamente mostrbmonos un pouco preocupadas pois vimos que o ceo estaba cheo de nubes negras, pero aínda así tiñamos esperanzas de que non chovera.
Cinco minutos máis tarde, comezaron a caer unhas pequenas pingas e logo empezou a chover sen parar... Sandra moi desolada dixo:

    - 
Coa ilusión que tiña en pasalo xenial e montar en todas as atraccións...

     Eu intentado animála díxenlle:

     - 
Tranquila amiga, xa sabes o que din: "En abril augas mil... pero recorda que todas collen nun barril"! así que tranquila que mañá volverémos cun sol radiante...

     - Está ben...

     Ó día seguinte volvemos a Padrón, e temos tan mala sorte que comezou a chuviscar de novo... Sandra máis queixosa aínda ca onte dixo:

     - Mira que temos mala sorte! A maldita choiva perséguenos!

     - 
Xa che digo! E que os "abriles e cabaleiros son ás veces traizoeiros" onte choveu e mañá ao mellor non... Abril é un mes medio raro respecto ao tempo metereolóxico, sobre todo agora que anda medio descontrolado...

     - Andrea déixate de refráns! Colle un paraugas e vamos para a casa!

     Cando chegámos á casa parou de chover... O QUE EU DICÍA!

                                                                                                                       Andrea Iglesias Rodríguez

    

     Iamos eu mais meu pai, un home alto e delgado co pelo negro e curto, pois iamos camiñando un domingo pola maña cara á casa de miña avoa. Estabamos cruzando a estrada cando, de súpeto, houbome de atropelar un repartidor  de pizzas coa súa moto. Meu pai, moi enfadado, chamoulle a atención. Sen decatarme unha muller moi vella (tería uns sesenta anos) tamén se unira a liorta dende a ventá da súa casa: como me aburría moito, collinlle unha pizza ao repartidor que case me atropela e funme sentar nun banco ao outro lado da estrada.

Lorena Vicente Lestido

     ABRIL

Co tempo, moitos ímonos dando conta de que moitas cousas que din, non son certas,  e iso fai que custe moito crer cousas das que non hai ningunha proba, pero no que levo vivindo hai algo que sempre , e por desgraza, sempre dixeron a verdade … MALDITOS REFRÁNS DE ABRIL!  Porque sempre se teñen que cumprir?   Co que eu odio a chuvia …

     Ano tras ano, ao chegar esta época meu avó sempre me di un refrán como por exemplo:

     “ En Abril augas mil”, “ En abril augas mil, cantas máis puideran vir”,   “En Abril augas mil, todas xuntas non apagan un candil”, “En abril augas mil, todas caben nun barril”… e moitos mais refráns que ao final sempre veñen a dicir o mesmo...Que vai chover!

     A partir de que o meu avó me di un refrán destes eu sempre recordo que un días despois só hai chuvia, chuvia e máis chuvia.

     Pero non todo é malo en Abril, claro, que tamén o meu avó me di outros refráns moi bos, como por exemplo:

    “ En abril as viñas a relucir” , “ Ramos mollados,  carros cargados”…

     Isto quere dicir pois que se chove, cousa que non me gusta nada, vai haber boas colleitas, polo tanto non sei ben se alegrarme ou non, porque co que a min me gusta unha boa vendima, unha boa colleita … Así que o único que queda é aguantar a chuvia e ir traballar, xa que este ano cumpríronse os refráns de meu avó ,( coma sempre)  e, me parece min,  que vai haber moi boas colleitas!

NOELIA MARTÍNEZ FIGUEIRA   2ºB   Nº: 24

    

     O luns pola mañá, levei unha gran decepción, cando miña nai me dixo que tiñamos que suspender a viaxe que íamos realizar en setembro. Iamos ir a Exipto a ver todas as indescritibles paisaxes, os réptiles polas apocalípticas pirámides... Facíame moita ilusión, coñecer a algún rapaz exipcio e que me contara como vivía, que me falara tamén da súa cultura. Pero todo isto non se poderá cumprir, porque á miña nai deuselle por ir o 2 de decembro, o día do seu aniversario.

                                                                                                                        Andrea Iglesias Rodríguez

 

  

  Xa estabamos naquel país que tanto me impresionaba e non que sempre quixen estar, e aínda mellor, co meu pai. Supoño que non me entenderedes, polo que vos vou contar como cheguei ao país dos exipcios.

     Meu pai é historiador, un dos máis coñecidos de toda Galiza, a este chámanlle Xosé "o incrible". O seu traballo é moi complexo, xa que ten que ir ós países máis lonxanos para poder encontrar tesouros antigos, tumbas, inscricións … E case nunca está na casa. Eu mais miña nai pasámonos os días esperando, a ver cando chega, para poder comprobar que está ben, poder abrazalo e para que nos conte as súas fantásticas aventuras; é o meu heroe favorito.

     Ten pasado por cada cousa … Contounos que nun incrible volcán de Sudamérica tivo que escapar a fume de carozo, xa que houbo unha indescritible erupción cando estaban explorando o seu interior en busca de restos dos antigos maias. Leváronse unha gran decepción, xa que encontraran unhas inscricións moi interesantes que quedaron inservibles ante tal fenómeno.  Pero esta só é unha das milleiras de vivencias, que se estenden dende o pico máis alto do Himalaia ata as profundidades das Marianas … E todo isto por lendas, faladorías… A veces penso que meu pai se arrisca moito, xa que moitas veces só son iso, cousas das que fala a xente e que ás veces, nin existen. Pero todo esto non ven a conto, así que vou empezar a falar dende o venres pasado.

     Era pola mañá cedo, e meu pai estaba na casa. Xa ía ter que marchar para realizar unha gran investigación sobre unhas enormes salas achadas no interior dunhas dunas. Preparou a maleta, que era xigante, xa que poderían coller catro homes dentro. Logo deulle un bico a mamá e despediuse agarimosamente dela. Como poderedes observar, solo se despediu de miña nai, pois iso ten unha explicación : eu estou dentro da maleta, ou como ía saber a súa capacidade? Non se deron conta, xa que pensaron que estaría a durmir. Deixeille unha carta a  mamá explicando todo, para que non pensase que me raptaran ou algo así.  

     Pero o máis incrible de todo foi a cara que se lle quedou ao  meu pai cando abríu a maleta ao chegar a Alexandría. Eu tiña todo o corpo magullado, e custábame un pouco respirar, debido ao gran esforzo que tivera que realizar. Pero a meu pai pouco lle importaba iso, xa que me comezou a berrar e a dicirme todo o irresponsable que fora, pero de súpeto decatouse de que unha nena de oito anos non se ía dar conta dos verdadeiros riscos que corría. Foi a xunto do piloto que o trouxera na súa avioneta, para que me levase de volta, pero díxolle que iso era imposible, que sentía decepcionalo pero que ata que acabara a expedición tiña totalmente prohibido voltar. Polo tanto non lle quedou máis remedio que cargar comigo durante as súas expedicións. Partimos ó día seguinte nunha especie de caravana cara Ó Cairo, seica alí se atopaban as misteriosas salas apocalípticas. Logo de catro horas chegamos, e botamos unha sinxela ollada, non había nada.

     E así é como eu cheguei aquí, ao maxestoso Exipto. A paisaxe era algo indescritible, pero seica que había que ter moito coidado cos réptiles xa que por aquí son moi traizoeiros. Unha especie de guía levounos ata unha alta duna, onde o único que se divisaba era unha especie de cova. Avanzamos cara alí, e meu pai díxome que era moi perigoso e que debía de esperar alí coa guía. Senteime no chan, cunha gran envexa e vin como meu pai desaparecía dentro daquel misterioso túnel. En poucos minutos, a guía estaba sentada contra unha pedra, durmindo tranquilamente baixo aquel sol abrasante.

     Non tardei moito en adentrarme eu soa pola cova, unha aventureira coma min non podía rexeitar unha ocasión como esa. En fronte miña había catro camiños. Eu era unha persoa moi ordeada, así que me adentrei polo primeiro. Ante min había unha gran sala, case baleira , excepto por unha figura non centro. Semellaba un can, e entre os seus dentes suxeitaba un colar vermello. Sen dubidar fun turrar por aquela admirable xoia, e quedeime con ela nas mans. En poucos segundos percibín como baixo os meus pes non había nada.  Logo disto só recordo caer e caer, e logo nada máis.

      Espertei no centro dunha sala, esta vez, máis pequena, chea de adornos feitos de pedra, e logo no fondo dunha parede podíase ver un pequeno buraco. Erguinme e dinme conta de que o chan estaba cheo de serpes, de tódalas cores, e con pinta de ser moi amigables. Quedeime inmóbil, non sabía que facer, non tiña maneira de fuxir, e a única opción que me quedaba era esta: o buraco. Botei a correr por riba daquel mar de cobras, e adentreime polo pequeno oco. Parecía feito á medida, o único problema era que estaba ateigado de teas de araña, pero cheguei moi axiña á saída. O que había alí era verdadeiramente incrible: unha sala xigante che de moedas, xoias, rubís, esmeraldas … e no medio unha enorme sepultura feita de ouro. Estrañoume que meu pai non estivera alí, xa que aquilo debía de ser o que estaba buscando, seguramente foi por algún outro pasadizo … Co que lle gusta o desorde!

     Eu tiña xoias, ouro, rubís pero tiña un gran problema … como demos ía saír eu de alí!? Tiña que haber algún oco polo que escapar … pero non o había. Só se divisaba o oco das serpes, polo cal tiña moi claro que non volvería pasar. Comecei a berrar para comprobar se alguén me oía, pero seica era o meu fin. Perdín totalmente a noción do tempo, xa que o bonito reloxo que me regalara a avoa estaba totalmente esnaquizado. Achegueime ata a tumba e deiteime enriba dela e cerrei os ollos, pero, de súpeto, notei como unha brisa abafante me percorría o pescozo; viña da tumba!

     Abrina a  luxosa sepultura, que debería de pertencer a algún faraón importante, e deume moito noxo. Retrocedín, non sabía se iso de andar por aí a abrir tumbas sería moi bo, pero era a miña única salvación. Volvinme achegar e descubrín que había un oco debaixo daquel esqueleto. Apartei tódolos ósos cos ollos pechados, senón nunca habería sido capaz de facelo. Cando os volvín abrir había unhas escaleiras que baixaban. Estaba todo moi escuro, pero seguín avanzando. Conforme descendía por aquel escuro pasadizo, o aire íase facendo cada vez máis húmido e quente. Entón batín cunha gran parede, palpeina de arriba a abaixo, non había ningún oco, so notaba seis vultiños baixo os meus dedos. Para a miña sorpresa estes xirábanse, e dependendo da posición na que estiveran estes adquirían varias formas.

     Estiven alí moito tempo, a darlle voltas a aquela especie de xogo que, probablemente, me proporcionaría a saída. De súpeto vin como todas as pezas brilaban cunha cor azul intensa, e nuns segundos estouparon, e o muro caeu abaixo. Manqueime nunha man cunha pedra, pero as miñas ganas de saír gañábanlle a calquera dor. Entón o pasadizo comezou a ascender e ascender, e logo podíanse ver un reflexos de luz no teito. Empurrei coas mans o lugar dos que viña aquel reflexo e … Xa estaba fóra!

     Tardei un pouco en acostumarme á claridade. Logo vin abaixo ao meu pai a berrar coa guía. Ela dicía que non me quitara o ollo de enriba e meu pai non deixaba de berrar. Baixei correndo pola duna e dinlle un forte abrazo . Preguntoume onde estivera e díxenlle que fora dar unha volta por aí. Papá estaba un pouco anoxado pola miña fuxida, e dixo que marcharamos de alí, que non había nada, só catro salas baleiras, excepto a primeira que tiña unha especie de can no centro. Eu asentín, e marchamos na furgoneta cara a Alexandría, e logo de alí voltaríamos de novo para Galicia, en concreto para Rianxo. A ninguén lle estrañou o meu sorriso pícaro, nin o meu novo colar vermello, nin os meus petos máis cheos do normal … Decepcionado, meu pai explicoume que non sempre había sorte, e que os aventureiros sempre teñen que saber cando abandoar, cando non se atopaba nada. E eu contesteille dicindo:

     - Xa papá, pero tamén hai que saber cando continuar e nunca perder as esperanzas.

     Meu pai quedou abraiado cando lle amosei o colar vermello e os petos cheos de rubís, moedas, ouro e esmeraldas.

Noelia Martínez Figueira

 

     Parece que todo vai ben, e dun día para outro, todo pero todo, cambia. Poste a pensar e daste conta de todo o tempo que desaproveitaches, e a todas as persoas que deixaches atrás polo camiño. E agora, claro, queres que volvan a entrar na túa vida, pero aínda que iso é practicamente imposible, gardas ilusións e recordos, polos que che entran ganas de seguir adiante. Hai xente que di, que vai regresar, outra que pode que veña , e outra que nunca máis vai volver, e que teño que olvidar todo, e empezar de cero. Si, empezar de cero .. igual iso lles parecerá fácil, si de verdade estiveran na miña pel, non dirían as cousas, tan duramente.

Tania Pose Ordóñez

    

     Hai xente que di que se queres a alguén demasiado, as cousas non saen ben, e todo se acaba, ó fin e ao cabo. Tse.., ignorantes da vida, que pensan que "querer" é só unha palabra, ou nin iso. Que pensan que os homes perfectos non existen, ou que os príncipes azuis non nos están esperando. Cren que con estudar e facer o que debemos facer, todo nos vai saír ben, que a nosa vida vai ser perfecta. E non, non é así, porque a vida haina que vivir, haino que pasar ben e desafogarse. Hai que berrar, saltar... Hai que coñecer xente nova, namorarse,divertirse con esa persoa e olvidalo; e volver a empezar. Ata que por fin o atopemos a el, ao que estivemos buscando todos estes anos e pensabamos que eran todos os mil anteriores que nos estropearon a vida e nos fixeron perder o tempo. Pero bueno, si o pensas ben non nos fixeron perder o tempo, porque neses días, disfrutamolo, e ata estivemos felices. Non nos fixeron dano, "jobá"h, só nos estaban preparando para o definitivo.

     Eles xa sabían dende o principio da relación que as cousas non ían saír ben, e que nós o iamos pasar mal; pero non nolo quixeron dicir porque era un segredo, un segredo que o o xefe dos "casi-maridos" lle obligou a calarse.

     Así que, perdonámolos, que non foi culpa súa.

     E sabes? Quizais o que nós pensabamos que era o definitivo, co que xa tiñamos un, dous, tres fillos e xa estabamos casadas, quizais tampouco é o que vai estar o resto da nosa vida con nós. E tamén se foi. Nós pensabamos que era diferente; pero non, era igual aos demais, coma todos, e nós volvemos a tropezar na mesma pedra dúas veces. Pero el era peor, el non formaba parte dos "casi-maridos", el formaba parte dos "g********s", así que a el non o perdonamos. Vale?. E despois, con vinte e algo de anos, divorciada, con tres fillos, cheguei a unha conclusión: mellor ...

Elvira Torres Suárez

 

O DIA DO EXAME

     Era Luns, os alumnos da clase de 3º de primaria tiñan o exame de lingua galega para a nota final. Todos estaban preocupados por si sería fácil ou difícil. Acabara de chegar dona Serafina a profesora de Lingua Galega e repartiulles os exames, fixéronos e tocou o timbre.

     Todos no recreo  falaban do exame de dona Serafina. Todos estaban de acordo en que fora moi fácil, que todas aprobarán.

     Ao día seguinte, a profesora deulles as notas dos exames e todos aprobaron menos un.  Así e todo a profesora deulles as felicidades a todos os alumnos que marcharon para a casa felices.

Sara Sampaño Rey

Lingua  Galega

 Novo curso

     1ª Avaliación: Foron uns tres meses fáciles e produtivos (7 na avaliación). Difíciles porque aínda non había confianza tanto no profesor como nos compañeiros de clase. impaciente polas vacacións de inverno.

Avaliación Negra

     2ª Avaliación: Foron uns tres meses moi complicados debido a que me centrei máis en relacionarme coa clase. Por sorte e por traballar o triplo a finais da avaliación conseguín aprobar (5 raspado) e puiden disfrutar da Semana Santa .

 Damos o curso por perdido

     3ª Avaliación: Foron dous meses e medio moi negros pola achega do fin de curso. O meu único obxectivo era sacar materia adiante, dado que cos resultados da anterior avaliación xa daba por perdido o curso. Así que o meu propósito para o ano é traballar día a día para non ter que traballar o triplo ao final.

 

AS CLASES DE GALEGO DURANTE TODO O CURSO

     Todo comezou en setembro do ano pasado cando os rapaces dos colexios de Asados, Taragoña e Rianxo chegamos ao instituto IES Félix Muriel. O primeiro día o noso profesor de Galego presentouse e preguntounos de onde víñamos e se nos gustaba este instituto. Despois da presentación comezaron as clases e fixemos un traballo sobre a vendima. Non o entendiamos, moito pero saíu bastante ben. Tivemos varios exames ao longo do curso. Tamén cabe dicir que antes de comezar a traballar nos exercicios liamos un pouco: no libro de texto ou nas lecturas trimestrais: Xoleiki, A pantasma telefónica e Dos arquivo do trasno. As clases facíanse un día curtas e outras non tanto xa que as actividades non eran sempre atractivas.

     Segundo ía transcurrindo o curso fixemos varios traballos que fomos colgando en gorinho.gl: bandas deñeñadas, contos, lendasd, tradicións (herbas de San Xoán), árbores de Galicia...

     Logo chegou o día das Letras Galegas e, como é normal, tivemos que facer un traballo ao que lle dedicamos moito interese e tempo.

     Pasámolo moi ben. Xa estaba chegando o último día de clase e remataba todo. Nas derradeiras clases, estivemos observando os traballos que había na páxina web. Divertímonos moito.

Fátima Ordóñez Muñiz, Uxía Rial Brea, Isabel Otero Mosquera, Teresa Novo García